Melide, Cerne de Galicia

Elaboración das Filloas

Unha sobremesa típica do Entroido

 Filloas05

Ingredientes:

4 ovos

Podemos facelas con leite ou con auga (sobre 1L). Engadimos o líquido ao gosto de cada un.

Fariña segundo vaia necesitando para que quede unha masa nin demasiado espesa, nin demasiado líquida.

Un pouquiño de sal

Preparación:

Bátense os ovos, engadímoslle o líquido e logo botamos a fariña e cunhas variñas imos batendo pouco a pouco até que nos quede a consistencia desexada.

Déixase "descansar" a masa uns vinte minutos. Quéntase unha tixola e úntase con touciño de porco (se non temos touciño podemos empregar aceite). Cun cullerón collemos a masa e vertémola sobre a tixola ao tempo que a imos xirando para que a masa quede uniformemente estendida. É importante botar a cantidade xusta para que non nos quede demasiado gorda.

Podémolas comer soas ou acompañadas con mel, marmelada, recheas de creme, de chocolate, tona ou o que nos apeteza.

Bo proveito.

 

Trisquel

 

Filloas01
Filloas02
Filloas03
Filloas04
Filloas05
Filloas06
Filloas07
Filloas08
Filloas09
Filloas10
Filloas11
Filloas12

 

GFacebookTwitterYoutube

Almendoado

Sobremesa típica da repostaría tradicional melidá.