Melide, Cerne de Galicia

Elaboración de Rosquillas da Sartén

Unha sobremesa típica do Entroido melidao

RosquillasEntroido

 

Ingredientes:

10 ovos

900 gr de fariña

de 400 - 450 cc de auga

1/2 Kg de fermento

10 - 15 gr de levadura

1 tixola mediada de aceite

Unha pizca de sal

 

Elaboración:

Botamos a fariña facendo un volcán e nel botamos os ovos para bater todo xunto

Una vez feita a masa tense que deixar levedar até que dobre o volume.

No aceite quente pódese botar un pouco de manteiga cocida de vaca ao gosto de cada quen.

Bótase a fariña e os ovos e o resto dos ingredientes. Amásase pouco a pouco até que a masa fique solta, fina e branda.

Co aceite ben quente, collemos un pedazo de masa, estarricámolo, facémoslle un buraco no centro e botámola na tixola con aceite ben quente.

Coa axuda dun garfo, suxeitamos a masa e cun culler imos botando aceite nela até que colla o ton dourado que non goste. A continuación dámoslle a volta e facemos o mesmo coa outra cara. Cando a rosquilla estea dourada polos dous lados sacámola da tixola e poñémola a escorrer.

 

E xa está amig@s. Agora a desfrutalas!!

 

RosquillasEntroido2

 

RosquillasdaSarten01
RosquillasdaSarten02
RosquillasdaSarten03
RosquillasdaSarten04
RosquillasdaSarten05
RosquillasdaSarten06
RosquillasdaSarten07
RosquillasdaSarten08
RosquillasdaSarten09
RosquillasdaSarten10
RosquillasdaSarten11
RosquillasdaSarten12

GFacebookTwitterYoutube

Almendoado

Sobremesa típica da repostaría tradicional melidá.