Melide, Cerne de Galicia

Cabeceiro do Leboreiro

Lembranza dos primitivos celeiros para gardar o millo.

 CabeceiroLeboreiro

Na frente dun antigo hospital de peregrinos do século XII, rehabilitado no século XV por Vasco de Ulloa, hai un cabeceiro ou cabazo feito con varas entretecidas que nos fai lembrar os primitivos celeiros para gardar o millo.

A palabra cabazo e as suas variantes (cabaza, cabaceiro, cabeceiro, cabeceira e cabaceira) provén, segundo Trapero Pardo, do vocábulo común cabaza (castelán “calabaza”) e segundo Corominas probén do termo preromano calapaccia, que significa `cuberto a xeito de casca´.

O nome común cabazo designa principalmente ao hórreo con varas. Este tipo de construccións debeu ser típica da zona, como mostra o cabazo que achamos en Orosa (Palas de Rei)  

 

 

 

Cabeceiro01
Cabeceiro02
Cabeceiro03
Cabeceiro04
Cabeceiro05
Cabeceiro06
Cabeceiro07
Cabeceiro08

 

GFacebookTwitterYoutube

Almendoado

Sobremesa típica da repostaría tradicional melidá.