Melide, Cerne de Galicia

20 consellos para recoller cogumelos no bosque

Tips para una perfecta excursión micológica.

IH1A1320

 

Outono é a época ideal para saír ao bosque a recoller cogumelos para o consumo. O clima morno despois das calores estivais e antes das xeadas e do frío invernal, é o ideal para o seu medre. Pero antes de preparar a nosa excursión deberemos ter sempre en conta unha serie de boas prácticas:

 

1 - O máis importante, ter seguridade plena de que os cogomelos recolectados son comestibles.

2 - Levar sempre unha cesta na que depositar os exemplares.

3 - Empregar navalla.

4 - Respectar a propiedade privada.

5 - Ter en conta a normativa do lugar de recollida. En Galicia non está permitido sobrepasar os 2 kg. por persoa e día.

6 - Ao chegar á casa, repasar exemplar por exemplar. Toda precaución é pouca.

7 - Non rastillar o chan. Este acto dana o micelio.

8 - Non debemos esquecer que todos os cogomelos son comestibles, pero, algúns unha soa vez.

9 - Importante é repasar algúns dos tópicos que existen con respecto aos cogomelos.

10 - Dise que debemos engadir un obxecto de prata ó cociñado. Se ennegrece , o cogomelo é velenoso. FALSO

11 - Tamén se di que se o cogomelo é velenoso o allo ennegrece. FALSO

12 - Todos os cogomelos que teñen anel son tóxicos ou mortaes. FALSO

13 - Os cogomelos sen anel son velenosos. FALSO

14 - Todos os cogomelos con anel e volva son velenosos. FALSO

15 - Todos os cogomelos con cores vistosos son mortais. FALSO

16 - Os cogomelos de cor branco non poden ser malas. FALSO

17 - Todos os cogomelos que cambian de cor ao cortalos son tóxicos. FALSO

18 - Todos os cogomelos que cheiran a fariña son bos. FALSO

19 - Os cogomelos comidos por animais (babosas, ardillas....) son comestibles. FALSO

20 - Os cogomelos que nacen sobre a madeira das árbores, son tóxicos. FALSO

Agora só falta calzarse as botas e gozar dun paseo pola natureza e do sabor destes auténticos manxares. Anímaste?

 

 

 

 

GFacebookTwitterYoutube

Almendoado

Sobremesa típica da repostaría tradicional melidá.