Melide, Cerne de Galicia

O que non te podes perder

O Camiño Francés introdúcese en Melide pola aldea de Santa María do Leboreiro. No Códice calixtino, século XII, aparece como Campus Leporarius, que significa ´monte de lebres´. Do seu hospital de peregrinos, documentado no século XII e rehabilitado por Vasco de Ulloa no século XV, só se conservan dúas paredes cos escudos dos Ulloa. Ao carón deste temos un cabeceiro feito con varas entretecidas lembra os primitivos celeiros para gardar o millo.

O Leboreiro

A igrexa de Santa María do Leboreiro é gótica, aínda que persisten nela concepcións e motivos ornamentais característicos do Románico.

35

 No interior da igrexa achamos unha interesante colección de escultura relixiosa de varias épocas e estilos. Tamén se conserva un panel de pintura mural renacentista.

Continuando o Camiño Francés cara a Furelos, atopámonos en Desicabo cunha ponte medieval dun só arco sobre o río Seco.  

 

FURELOS

IMG 0041

Aldea de orixe antiga, citada en documentos do século XII, mantén en parte a súa estrutura medieval. A súa ponte medieval é unha das xoias da arquitectura civil do Camiño de Santiago, sen dúbida a máis fermosa de todas cantas hai na ruta francesa ao seu paso por Galicia. Aparece mencionada nos tombos de Sobrado (século XII) e foi parcialmente reformada no século XVIII.

A igrexa de San Xoán de Furelos, á beira do Camiño Francés, conserva parta da súa arquitectura medieval románica, concretamente o muro sur. No seu interior, no lateral dereito, está o impresionante retablo do Santo Cristo, de faciana neogótica, do escultor nado en Furelos Manuel Cagide.

Recentemente, ao carón da igrexa e da ponte, creouse o Museo Etnográfico de Furelos.

MELIDE

Melide é a capital da comarca Terra de Melide, integrada polos concellos de Melide, Santiso, Toques e Sobrado. É unha das vilas do camiño, monumentalmente falando, máis interesantes no seu percorrido galego.

A actual Capela de San Roque construíuse en 1949 con materiais procedentes das igrexas medievais derrubadas de San Pedro e San Roque. A portada principal, unha das máis fermosas da arte medieval galega, provén da antiga igrexa de San Pedro. No seu interior están os sepulcros medievais dos notarios melidaos Diego García, Roi Lopes e o da muller deste, Inés Eanes.

Ao carón da igrexa áchase o coñecido como Cruceiro de Melide, o que para moitos é o máis antigo de Galicia, probabelmente do século XIV.

IMG 0502

No corazón histórico de Melide está a praza do Convento, que reúne varios edificios monumentais: a Igrexa de Sancti Spiritus, a Obra Pía de San Antón e o Museo da Terra de Melide.

A igrexa de Sancti Spiritus pertenceu ao desaparecido mosteiro ou convento da Orde Terceira de San Francisco, fundado no século XIV. É un bo exemplo de continuidade no espazo e no tempo. Da antiga igrexa só fica unha pequena capela lateral, con bóveda e arco triunfal oxivais. No século XV, concretamente en 1498, Sancho Sánchez de Ulloa reconstrúe a igrexa do convento en lembranza da súa mai Inés de Castro. A dirección da obra será a cargo dos mestres Xan do Llano e Xan Casal. O resultado foi unha igrexa de ábsida rectangular con bóveda de crucería. Desta época tamén son os dous sepulcros laterais góticos in memoriam de Leonor de Mendoza e Inés de Castro. O magnifico retablo maior, de estilo Barroco, foi esculpido 1690 por Francisco de Castro Canseco, un dos grandes escultores do Barroco galego da segunda metade do século XVII e principios do XVIII. No seu interior tamén hai outros retablos de estilo Necoclásico, alén de pezas escultóricas barrocas e neoclásicas interesantes.

IMG 0581

Durante o século XVIII ampliarase a igrexa coa construción dunha nave de canón.

Deste época é a portada principal da igrexa, que está nun lateral, cara a praza. A torre, tamén do século XVIII, é semellante ás de San Francisco en Santiago de Compostela.

Ao oeste da praza do Convento áchase o pazo barroco, coa súa capela, da Obra Pía de San Antón, fundado en 1671 polo arcebispo de orixe melidá D. Mateo Segade Bugueiro. Vai ser coñecida tamén como a Colexiata, pois na súa orixe tiña unha finalidade docente. Desde 1960 é casa do Concello.

O deseño da portada da capela, de estilo Barroco, é atribuído a Domingo de Andrade, o arquitecto galego máis prestixioso da época.

As dúas estatuas orantes, barrocas e pétreas, foron esculpidas en granito en 1674 por Mateo de Prado, un dos escultores máis importantes do momento.

San-Anton-1

O outro edificio monumentalmente destacábel que se atopa no contorno da praza é o Museo da Terra de Melide. Foi deseñado polo arquitecto melidao Xulio Álvarez e construíuse sobre un antigo hospital de peregrinos do século XV. Conserva a fachada de 1502.

No outeiro dun castro prerromano, no lugar no que se construíu na Idade Media o castelo, érguese en 1741 a Capela do Carme. No seu interior temos unha fermosísima imaxe da Virxe do Carme, de finais do século XVIII, atribuída ao taller compostelán de Gambino-Ferreiro ou discípulos.

Carmen

SANTA MARÍA DE MELIDE

A Igrexa de Santa María de Melide, catalogada Monumento Nacional, é a xoia do románico melidao. No seu interior aparecen capiteis figurativos, de unha forte carga sinbólica e pinturas renacentistas. A seu altar románico é dos poucos altares románicos galegos que chegaron ata á actualidade.

IMG 0206

 

IMG 0207

GFacebookTwitterYoutube