Melide, Cerne de Galicia

Manxares. Feira Agroalimentaria de Galicia

 

 

Durante a fin de semana do sábado 12 e domingo 13 de decembro, celebrarase no Pazo de Congresos de Melide a Feira Agroalimentaria de Galicia, Manxares.

Teremos expositores con produtos da terra como repostaría e panadería, verduras e froitas, mel, licores viños e sidras, cafés e chocolates, embutidos, conservas doces e salgados, cervexas, queixos de diferentes denominacións de orixen, bacallau, iogures, derivados da castaña, herbas, ovos, aceites, filloas e xeados.

 

Participa no Hashtag #VivoORural

 

 

 Sábado 12

16:00 h.

 Apertura da feira ao público

17:00 h. - 20:00 h.

Xogos populares

17:30 h.

Visita e percorrido das autoridades polos stands

17:30 h. - 18:30 h.

Cata comentada de Arzúa-Uloa, Tenreira Galega e viño "Ribeira Sacra". Previa inscrición no GDR  Teléfono: 981 511 377

18:00 h. - 20:00 h.

Teatro: As Bulilleiras

 

Domingo 13

 10:00 h.

 Apertura da Feira ao público.

 11:00 h. - 12:00h.

 Cata da DO augardentes e licores tradicionais de Galicia con doces de Melide. Previa inscrición no GDR Teléfono: 981 511 377

 11:30 h.

 Obradoiro de muxido manual para nenos e nenas coa vaca Mazarica

 12:30 h. - 13:30 h.

 Obradoiro de elaboración de queixo para nenos e nenas

 13:00 h. - 13:45 h.

 Cata de espumosos de Galicia con embutidos

 

Manxares maridaxe

 

Queres aprender a facer queixo coas túas propias mans? Podes facelo!

Esta actividade está pensada para que nenas e nenos de 5 a 12 anos poidan aprender a fecer queixo dun xeito ameno e divertido. 

 

Manxares queixo

 

 

  

Manxares cata

 

GFacebookTwitterYoutube