Melide, Cerne de Galicia

SAN XOÁN DE FURELOS

Aldea de orixe antiga, citada en documentos do século XII, mantén en parte a súa estrutura medieval. Segundo Felipe Arias ben puido estar aquí situada a mansión Brevis da vía XIX de Braga a Astorga. A súa ponte medieval é unha das xoias da arquitectura civil do Camiño de Santiago, sen dúbida a máis fermosa de todas cantas hai na ruta francesa ao seu paso por Galicia. Aparece mencionada nos tombos de Sobrado (século XII) e foi parcialmente reformada no século XVIII.

IMG 9881


Ver mapa más grande

Furelos tamén contou cun hospital de peregrinos, que aparece mencionado en textos do século XII, e aínda figura recollido no catastro do Marqués de la Ensenada realizado no século XVIII. En 1770 xa ameazaba ruína.

A igrexa de San Xoán de Furelos, á beira do Camiño Francés, conserva parta da súa arquitectura medieval románica, concretamente o muro sur. Baixo o aleiro aparecen unha serie de canzorros sinxelos, doce en total, colocados a distancias desiguias un dos outros.

IMG 9897

O retablo principal da igrexa é de estilo neoclásico con decoración rococó, de finais do século XVIII. No camarín a imaxe de San Xoán, padroeiro do lugar, e nos laterais as imaxes da Virxe do Carme, da Virxe do Rosario e de Santa Lucía.

Furelos2

Nos laterais da igrexa temos dous retablos, o de Santa Lucía, á esqueda, de estilo neogótico, de 1926, coa imaxe da santa flanqueada polas imaxes de San Antonio e San Roque, e no lateral dereito o impresionante retablo do Santo Cristo, de faciana neogótica, do escultor nado en Furelos Manuel Cagide, que tivo un obradoiro en Santiago de Compostela.    

Furelos3

Furelos1
Furelos2
Furelos3
IMG_0023
IMG_0025
IMG_0028
IMG_0032
IMG_0034
IMG_0038
IMG_9872
IMG_9876
IMG_9881
IMG_9884
IMG_9890
IMG_9895
IMG_9897
IMG_9899
IMG_9902
IMG_9903
IMG_9909
IMG_9912
IMG_9919
IMG_9975
IMG_9977


Ver mapa más grande

GFacebookTwitterYoutube