SAN VICENZO DE VITIRIZ
San Vicenzo de Vitiriz é a última aldea do Concello de Melide antes de chegar ao Concello de Arzúa. Fica no lado dereito do Camiño de Santiago. A súa igrexa é unha das máis interesantes da comarca.
A planta do edificio, de fabricación gótica, é dunha soa nave, de ábsida rectangular. No testeiro da nave está colocado un rosetón de pedra, o único entre as igrexas da comarca, e no cumio da ábsida un Agnus Dei. No aleiro temos un bo número de canzorros, todos eles magnificamente elaborados.
No seu interior encontrámonos cunha arco triunfal apuntado, apoiado en pilastras. O retablo é do século XVIII, composto por un corpo e tres rúas. As imaxes da Virxe de Rocamador, Santa Lucía e San Vicenzo son do século XVIII.