Como acompañar o polbo
O polbo á feira acompáñase normalmente con pan, viño e cachelos. O xeito de preparar os cachelos é o seguinte:
Córtanse as patacas en rodaxas, cócense nunha pota á que se lle engade auga, sal e unhas follas de loureiro. Cando as patacas estean ben cocidas, engádese sal gordo, aceite de oliva virxen extra y pimento doce, se é posíbel de La Vera.
Como o polbo ten unha carne fibrosa, o viño é mellor que sexa tinto e con certo corpo e pouso aromático.