Fonte dos catro canos
Esta fonte é unha das iconas máis coñecidos da vila de Melide. O amplo vaso cilíndrico da súa base alberga as áugas lanzadas polas catro cabezas leonadas rematadas en canos que dan nome á fonte. Como anécdota subliñar que antigamente neste vaso habitaban varios tipos de peixes. Á súa beira podemos contemplar o escudo vexetal do Concello de Melide formado polas chaves de S. Pedro, patrón da vila.