Melide, Cerne de Galicia

Museo da Terra de Melide

O Museo nace no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Instálase no baixo do Concello, na biblioteca Municipal, cunha mostra de arqueoloxía castrexa e facendo cada verán exposicións de etnografía. Despois de catro anos, os fondos aumentaban e reclamaban máis espazo, polo que en 1982 se traslada a unha casa na que se instalan dúas salas.

No ano 1999, o Museo exixía unha total renovación e ampliación, pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como en reunión de socios se aprobou a adquisición do antigo hospital de peregrinos, edificando nel o novo museo e rehabilitando a súa fachada e a súa memoria histórica. A operación de subscrición popular tivo un grande éxito, implicándose socios, veciños, institucións e moitos particulares. O 26 de maio de 2001 inaugúrase o novo Museo. A xente de Melide considérao como unha institución de todos onde se garda a nosa memoria histórica e cultural. Ese é o grande éxito deste museo construído pola vila e para a vila.

Web do Museo da Terra de Melide 

IH1A5036

 

GFacebookTwitterYoutube